Warning: Cannot modify header information - headers already sent by (output started at /home/personales/cinfo001/web/bng/pontevedra/wp-includes/default-filters.php:173) in /home/personales/cinfo001/web/bng/pontevedra/wp-content/plugins/Bad-Behavior/bad-behavior/screener.inc.php on line 8
Miguel Fernández Lores

Video

Maio 22nd, 2007

pantallazo.jpg

O debate en TVG

Maio 20th, 2007

Outro novo debate (e van….) esta vez en TVG, nos medios públicos. Estupendamente nos trataron en San Marcos, o que lles quero agradecer desde aquí a todos os equipos, de producción, xornalistas, directivos, etc… sen dúbida a TVG é un gran orgullo de país. En canto ao debate, máis do mesmo: Telmo e o PSOE local desmarcándose da peonalización, do modelo de cidade… e apostando pola volta atrás na reforma urbana e meter o tráfico no centro. Eu espuxen con claridade os puntos básicos do noso programa e falei, como non podía ser menos, de Ence Elnosa, e sobre todo das mentiras de Telmo en relación ao urbanismo municipal, o seu programa oculto e o programa da nada co que se presenta Teresa Casal, que non se atreve a facer balance do seu traballo no goberno municipal, especialmente en transporte público e aparcamentos, dous temas que para ela son “primordiais”.

Grazas polo voso calor

Maio 19th, 2007

Como nos anima a xente na rúa. Estivemos na Peregrina a soleada mañá do Día das Letras Galegas e foi unha constante transmisión de enerxía da xente que pasaba por alí e se achegaba a recoller o material publicitario, a darnos ánimos explícitamente e mesmo a curiosear sobre como vai a campaña. É moi alentador.gus_0021.jpg

O que dixen no mitin central

Maio 19th, 2007

Mitin Principal

Grazas por vir amigos e amigas, Grazas por estar aquí apoiando a Pontevedra
A Pontevedra que funciona, a que crea, a que traballa, a que pasea, a que goza, a que se divirte e a que cultiva mellor aos seus fillos para que se convirtan en homes e mulleres de porvir. Porque esa é a Pontevedra ilustrada, vangardista, galega e amábel que sempre defendimos e defenderemos. É a Pontevedra do modelo que funciona, que medra, que ilusiona e que atrae a tanta xente que xa quere vivir aquí aínda que traballe en Vigo, Vilagarcía ou calquera outro punto das Rías Baixas.

Ese é só o primeiro párrafo. Se queres ver o resto, baixa o pdf adxunto. principal.pdf

Mitin central, cálido e entregado

Maio 18th, 2007

Mitin Principal

Abarrote no Principal para participar no mitin central da Campaña, ese ao que sempre ven o portavoz nacional do BNG Anxo Quintana, quen coma sempre respaldou o noso programa para trasladar Ence Elnosa e seguir desenvolvendo o modelo de cidade polo que os pontevedreses apostan. Para empezar, e despois do espléndido video nacional do BNG no que tivemos a honra de participar, Anxos Riveiro motivounos a todos cos temas do día: Ence Elnosa e os perigos que corre a peonalización se non continuamos co actual modelo de cidade. Un modelo que serviu a Lola Dopico para botar a vista atrás e lembrar cando hai 13 anos ela chegou a Pontevedra desde Salamanca como profesora de Belas Artes. Vivir aquí ou vir só a traballar: “Hoxe non me plantexaría eso, hoxe si que non quero irme de aquí”, dixo en referencia ao que lle gusta o actual estado da cidade.

O texto da miña intervención déixovola na seguinte comunicación. Agardo que vos guste.

Ence-Elnosa, na entrevista para a TVG

Maio 17th, 2007

O espazo electoral que nos corresponde na TVG xa está gravado. Fixémolo esta mañá, aínda que se emitirá mañá sobre as 9 da mañá. Preguntoume o xornalista se agardaba governar en solitario, e díxenlle que o que pretendía era conseguir o maior número de votos, e que o que máis desexaba era que os pontevedreses valorase a seriedade, a honradez e o rigor do meu goberno e da alternativa BNG.
Por suposto, Ence foi unha das cuestións: Nen un paso atrás, firmeza ante as ameazas e satisfacción polo que levamos feito, por ofrecer á cidadanía os pasos necesarios para ver a luz ao fin do túnel. Ence e Elnosa teñen que irse de Lourizán e buscar unha alternativa viable e con futuro, e eso non é posíbel dentro do municipio de Pontevedra, eu nunca o vou consentir.
Tamén o Plan Xeral suscitou unha pregunta, e a súa resposta: Estamos deseñando unha cidade compacta, para 120.000 habitantes, que medra, con alta calidade urbana, que permita un desenvolvemento integrado da zona rural, respetuosa co medio… un modelo moi alonxado do que propoñen outros candidatos, que buscan máis monte para construir, disgregar a cidade, permitir que medre sen os servizos axeitados e coa poboación dispersa.
O tráfico foi outro tema que interesou, como en todas as cidades. É un clamor que todas as cidades están preocupadas polo tráfico, lóxico debido á grande cantidade de coches que temos. Para solucionar os principais problemas de tráfico, a alternativa é a Ronda Urbana que prantexamos e os axustes viarios que se recollen nas Mil Ideas Máis, e que son detectados en todos os estudos que se fixeron: infraestructuras pensadas para viabilizar os tráficos xenerados polos desprazamentos comarcais.

Reparto publicitario na Fonte dos Nenos

Maio 16th, 2007

gus_0053.jpg

Un nutrido grupo de concelleiros e integrantes da candidatura estivemos na praza de Compostela a repartir publicidade electoral, donde notamos un gran ambiente e recibimos o ánimo de moitos cidadáns que se achegaban a felicitarnos polas Mil Ideas, pola campaña que estamos a realizar e a comentar as últimas movidas, como a entrada de Ence e Elnosa en campaña asaltando o centro cultural de Estrivela e impedindo celebrar o noso mitin.
En próximos días seguiremos difundindo a nosa proposta en diferentes puntos da cidade e contaxiándonos do voso alento. Moitas grazas.

Nin un paso atrás

Maio 15th, 2007

Seguirei a defender os intereses da maioría dos pontevedreses diante das ameazas como a que hoxe tivo lugar no asalto á Casa de Cultura de Estribela e que supuxo unha nova irrupción de ENCE-ELNOSA na campaña eleitoral.
Quixeron de novo impedirnos un acto democrático como é a exposición do noso programa para os vindeiros catro anos.
Seguimos a ver que estas dúas empresas non escatiman esforzos para se perpetuar en Lourizán sen diálogo nen negociación posíbel, con actitudes agresivas como este episodio no que contaron tamén coa colaboración de coñecidos militantes do PP en Lourizán.
Quero que saibades, amigos internautras, que sigo firme ante os ataque das empresas. Mentras eu sexa alcalde, non escatimarei esforzos para conseguir o obxectivo do traslado de ENCE-ELNOSA e a recuperación integral de Lourizán, sen ceder ante as accións violentas das empresas, como fixemos até agora cando o asalto ao pleno municipal, as ameazas, as pintadas ou outros episodios semellantes que se repetiron ao longo destes anos.
Os cidadáns de Pontevedra saberedes valorar nestas eleicións municipais quen mantén unha posición de firmeza e seriedade para conseguirmos este obxectivo colectivo tantas veces manifestado polo conxunto dos cidadáns.

Unha cidade na que os coches non abusen das persoas

Maio 15th, 2007

Somos a única garantía de que a cidade continúe conquistando espazo público para as persoas e apartándose do modelo “almacén de coches” que ofrecen as outras duas candidaturas. Desta, entre outras cousas, falamos mitin da parroquia máis urbana do territorio pontevedrés, Lérez.

Queremos seguir dando exemplo de cómo os coches poden convivir nas cidades coas persoas, pero cada un ocupando o lugar que lle corresponde, sen abusos nen conflictos indesexábeis. Grazas á política de contención do automóbil na cidade, gañamos espazo público, fixémola máis doce como espazo habitado, creamos novos escenarios de interrelación para a cidadanía, favorecmos a nova economía de servizos e cambiamos radicalmente aquela imaxe de cidade asfixiada, por outra de cidade sana e civilizada.

As alternativas do BNG inclúen defender o actual aparcamento disuasorio do recinto feiral, e manter libre de ORA a única cidade de Galiza que non ten que pagar por aparcar en superficie. Propomos continuar extendendo os aparcadoiros de servizo, con 15 minutos gratuítos para calquera coche comercial e particular, para favorecer así o tránsito comercial.

En canto ao tráfico urbano, só o BNG mantén con firmeza a peonalización, frente aos que pretenden reintroducir o tráfico no centro, ateigando a cidade de automóbiles e volvendo ao caos e o desorde que se rexistraba antes da nosa chegada ao goberno municipal.

A xuntanza con veciños serviu para repasar diversos asuntos parroquiais e tamén para difundir os principais contidos das Mil Ideas relacionados co tráfico urbano e os aparcamentos. As perto de 1.400 prazas que nos próximos meses entrarán en servizo en Campolongo e Véteris, son boa mostra da promoción de aparcadoiros soterrados ligados á xestión urbanística. Actualmente estamos desenvolvendo os aparcadoiros de Arcebispo Malvar, Horta do Cura, Tafisa, Garda Civil, A Eiriña (Unidade 18), o Centro Lúdico da Parda, os Xulgados e o edificio de Sanidade na avenida de Vigo, ademáis doutra área en Montecelo e do estudo previsto para ubicar outra área na zona do Gremio de Mareantes, a abordar no proceso de reforma integral que se prevé para esa zona, e que inclúe tamén o soterramento do tráfico de automóbiles. Por contra, o PSOE foi incapaz de levar adiante o único aparcadoiro cunha xestación que dependía do seu departamento no Concello, o da Praza de España.

Manter a Feira Franca e unhas festas vivas

Maio 13th, 2007

As recuperadas festas da cidade, variadas, extendidas e con novos atractivos, foron un dos eixos do mítin que esta mañá realizamos en Bora. Quero que Pontevedra continúe a ser un referente festivo en Galiza pola calidade das nosas festas, o gran interés que suscitan e a enorme participación que colleitan, grazas ao traballo da amiga e candidata número 3, Anxos Riveiro.

No antigo colexio Pío falamos do constante apoio do goberno municipal ás festas patronais das parroquias, un xeito de identidade e de aprofundar na personalidade propia e as tradicións de cada lugar.

Tanto a acción de goberno dos últimos anos como as propostas de futuro diferéncianse ben das propostas alcanforadas de outros candidatos, que non dan importancia algunha ás festas nen á cultura nos seus respectivos programas, máis que pinceladas xenéricas.

O programa das Mil Ideas é o que máis atención presta á actividade festiva, que supón non só unha alternativa de ocio, cohesión social e fusión colectiva, senón unha aposta de vitalidade económica para o centro da cidade, de donde nunca debera saír a Peregrina.

Tamén a Feira Franca foi un gran logro dos gobernos do BNG, chamado a convertirse nun activo de identidade e recuperación da memoria histórica. Pero tamén é un exemplo da participación colectiva na súa xestión, a través do Consello Aberto, e que mereceu o respaldo da imensa maioría da cidadanía.

Con esta festa, o gran pulo que colleron a Peregrina ou o Entroido, e outras convocatorias que se celebran ao longo do ano, Pontevedra dispón dun ciclo festivo que aínda debe desenvolverse algo máis con propostas como as que se recollen no noso programa electoral: potenciar festas xa consolidadas como as do Outono, as Cabazas ou os Maios, outras tradicionais como San Bieito de Lérez, desenvolver festas de inverno nas prazas da cidade, extender as convocatorias aos barrios, crear unha gran festa e feira biosaudábel, potenciar as novas músicas e incorporar un Festival Internacional de Maxia.